Saltar ao contido

Programa Kallikratis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Programa Kallikratis, Plan Calícrates ou Programa Calícrates (en grego Πρόγραμμα Καλλικράτης, Prógramma Kallikrátis), cuxo nome completo é Nova arquitectura das Autonomías e da Administración Descentralizada - Programa Kallíkratis (en grego Νέα Αρχιτεκτονική της Αυτοδιοίκησης και της Αποκεντρωμένης Διοίκησης - Πρόγραμμα Καλλικράτης, Nea Arkhitektonikí tis Aftodioíkisis kai tis Apokendroménis Dioíkisis - Prógramma Kallikrátis), é unha lei grega que reformou a división administrativa de Grecia no ano 2010. Ademais, concretou os límites das unidades autónomas, como o procedemento de elección dos distintos órganos e as competencias destes.

O plan votouse no Parlamento grego en maio de 2010 e parte del foi publicado no Boletín do Estado do 7 de xullo de 2010 para que puidese aplicarse ás eleccións autonómicas gregas do ano 2010. Entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2010. Tanto a elaboración da lei como tamén ao entrar en vigor provocaron reaccións violentas e manifestacións en toda Grecia,[1][2] e ata unha folga de fame.[3] Entre os principais motivos destas reaccións están as fusións e os recortes en certos servizos sociais, como en centros educativos[4][5] e de saúde.[6]

Disposicións principais

[editar | editar a fonte]

O plan Kallikratis é en certo modo a continuación do plan Capodistrias» (Lei 2539/97), xa que foron presentados polo mesmo partido (PASOK) e se rexen polo mesmo principio de fusión obrigatoria dos pequenos Concellos noutros maiores.

  • Os aspectos chave do programa son:
  • Redución do número de concellos, así como dos seus representantes políticos e os seus correspondentes funcionarios a medio terzo da súa representación.
  • Substitución das cincuenta e sete prefecturas polas trece periferias.
  • División administrativa de segunda orde, establecendo administracións descentralizadas.
  • Cambio das formas de financiamento local e reasignamento dunha serie de responsabilidades de cada grao administrativo.

De acordo co que dixo Giánnis Rangúskis, ministro de Interior de Grecia no momento de aprobar o plan, o criterio foi que non houbese ningún concello menor de 25.000 habitantes na zona metropolitana de Atenas, nin de 10.000 habitantes no resto do país, agás as zonas máis montañosas, nas que o límite se estableceu en 2.000 habitantes. Nas illas utilizouse a lóxica de "unha cidade por illa", coas excepcións de Creta e Eubea.

Situación previa Plan Kallikratis
Concellos División administrativa básica. En total 940 concellos e 124 comunidades. A maioría proviñan de fusións realizadas en 1997 a raíz do plan Capodistrias, e estes subdividíanse en divisións municipais, correspondentes con estes antigos concellos. División administrativa básica. Reduciuse a 325 concellos mediante fusións voluntarias ou ben forzadas. Estas divídense en unidades municipais, correspondentes basicamente aos antigos concellos e en comunidades, que se corresponde coas antigas divisións municipais.
Prefecturas Divisións administrativas de segunda orde. En total existían cincuenta e sete prefecturas, catro delas como unha subdivisión da anterior prefectura de Ática. Agora denominadas unidades periféricas. Son setenta e catro en total, e proveñen da división dalgunhas das prefecturas, mentres que outras permaneceron idénticas.
Periferias Trece en total. Responsables da coordinación das autoridades locais, a legalidade das súas accións e a implementación das políticas gobernamentais a nivel rexional. Mantendo os seus límites xeográficos, pero constituíndo agora a división administrativa de segunda orde. Fórmanse a partir dun grupo de unidades periféricas.
Administracións descentralizadas Non existían. Sete en total. O seu presidente (secretario xeral) é escollido polo Goberno. Toman en gran medida as antigas funcións das periferas.

Divisións

[editar | editar a fonte]

Administracións descentralizadas

[editar | editar a fonte]

O programa Kallikratis introduce as "administracións descentralizadas", que substitúen as trece periferias do programa Capodistrias. A estas pasaránselle as competencias das periferias que, segundo a Constitución de Grecia, teñen que estar baixo control do Estado central. O xefe da Administración terá o título de secretario xeral e será escollido polo Goberno central.

Fixéronse sete administracións descentralizadas:

Administraciones.
Administraciones.

Periferias

[editar | editar a fonte]

O programa Kallikratis mantén as mesmas trece periferias que o programa anterior, que son:

Periferias, unidades periféricas e municipios.
Periferias, unidades periféricas e municipios.

A elección do presidente da periferia realízase de maneira directa a través das eleccións municipais e periféricas e, en certa maneira, as periferias pasan a ter as mesmas competencias ca as antigas prefecturas.

Unidades periféricas

[editar | editar a fonte]

As setenta e catro unidades periféricas susbtitúen as antigas prefecturas. Algunhas corresponden exactamente a estas , pero outras fórmanse a partir da división dunha antiga prefectura.

Periferia Unidade periférica Prefectura coa que se corresponde
Ática Atenas Setentrional Atenas (parte)
Ática Atenas Occidental Atenas (parte)
Ática Atenas Central Atenas (parte)
Ática Atenas Meridional Atenas (parte)
Ática Ática Oriental Ática Oriental
Ática O Pireo O Pireo (parte)
Ática Illas O Pireo (parte)
Ática Ática Occidental Ática Occidental
Grecia Central Beocia Beocia
Grecia Central Eubea Eubea
Grecia Central Euritania Euritania
Grecia Central Fócida Fócida
Grecia Central Ftiótide Ftiótide
Macedonia Central Emacia Emacia
Macedonia Central Tesalónica Tesalónica
Macedonia Central Kilkís Kilkís
Macedonia Central Pella Pella
Macedonia Central Piería Piería
Macedonia Central Serres Serres
Macedonia Central Calcídica Calcídica
Creta A Canea A Canea
Creta Heraclión Heraclión
Creta Lasithi Lasithi
Creta Rétino Rétino
Macedonia Oriental e Tracia Drama Drama
Macedonia Oriental e Tracia Evros Evros
Macedonia Oriental e Tracia Tasos Kavala (parte)
Macedonia Oriental e Tracia Kavala Kavala (parte)
Macedonia Oriental e Tracia Xánthi Xánthi
Macedonia Oriental e Tracia Ródope Ródope
Epiro Arta Arta
Epiro Ioánina Ioánina
Epiro Préveza Préveza
Epiro Tesprotia Tesprotia
Illas Xónicas Corfú Corfú
Illas Xónicas Ítaca Cefalonia (parte)
Illas Xónicas Cefalonia Cefalonia (parte)
Illas Xónicas Léucade Léucade
Illas Xónicas Zante Zante
Exeo Setentrional Quíos Quíos
Exeo Setentrional Icaria Samos (parte)
Exeo Setentrional Lemnos Lesbos (parte)
Exeo Setentrional Lesbos Lesbos (parte)
Exeo Setentrional Samos Samos (parte)
Peloponeso Arcadia Arcadia
Peloponeso Argólida Argólida
Peloponeso Corintia Corintia
Peloponeso Laconia Laconia
Peloponeso Mesenia Mesenia
Exeo Meridional Andros Cícladas (parte)
Exeo Meridional Kálimnos Dodecaneso (parte)
Exeo Meridional Kárpatos Dodecaneso (parte)
Exeo Meridional Ceos-Citnos Cícladas (parte)
Exeo Meridional Cos Dodecaneso (parte)
Exeo Meridional Milos Cícladas (parte)
Exeo Meridional Míkonos Cícladas (parte)
Exeo Meridional Naxos Cícladas (parte)
Exeo Meridional Paros Cícladas (parte)
Exeo Meridional Rodas Dodecaneso (parte)
Exeo Meridional Siros Cícladas (parte)
Exeo Meridional Santorini Cícladas (parte)
Exeo Meridional Tinos Cícladas (parte)
Tesalia Karditsa Karditsa
Tesalia Larisa Larisa
Tesalia Magnesia Magnesia (parte)
Tesalia Espóradas Magnesia (parte)
Tesalia Tríkala Tríkala
Grecia Occidental Acaia Acaia
Grecia Occidental Etolia-Acarnania Etolia-Acarnania
Grecia Occidental Élide Élide
Macedonia Occidental Flórina Flórina
Macedonia Occidental Grevená Grevená
Macedonia Occidental Kastoriá Kastoriá
Macedonia Occidental Kozani Kozani

Concellos

[editar | editar a fonte]

Os 910 concellos e as 124 comunidades do plan Capodistrias simplíficanse en 325 concellos, fusionando aqueles de menor tamaño cos de maior tamaño. Os concellos divídense en unidades municipais, que se corresponden cos antigos concellos, e estas á súa vez divídense en comunidades, que sen corresponden coas antigas divisións municipais.

  1. "Ψηφίστηκε ο Καλλικράτης: Αντιδράσεις σε όλη την Ελλάδα". ellinikanea.gr (en grego). 21 de maio de 2010. Consultado o 17 de xullo de 2014. [Ligazón morta]
  2. "Αντιδράσεις και χθες στην Αλικαρνασσό". Πατρίς (en grego). 30 de abril de 2010. Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2012. Consultado o 17 de xullo de 2011. 
  3. "Καλλικράτης: Αντιδράσεις ακόμα και απεργία πείνας". madata.gr (en grego). 29 de abril de 2010. Consultado o 17 de xullo de 2014. 
  4. "Καλλικράτης τώρα και στα σχολεία. Αντιδράσεις". madata.gr (en grego). 21 de xaneiro de 2011. Consultado o 16 de xullo de 2011. [Ligazón morta]
  5. "Αντιδράσεις για τον «Καλλικράτη» στα ΤΕΙ". alfavita.gr (en grego). 16 de maio de 2011. Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2014. Consultado o 17 de xullo de 2014. 
  6. "«Καλλικράτης» στα νοσοκομεία". Ημερησία (en grego). 14 de maio de 2011. Consultado o 17 de xullo de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]